Quen son eu?

Eu son eu, Cristina S. Marchán. Nada en Madrid, a dous pasos de Atocha e catro de Vallecas. Dende hai tres anos, refuxiada voluntaria na terra galega, á que cheguei fuxindo dos efectos nocivos de facer vida nunha cidade que xa non é da xente que vive nela -salvando honrosas excepcións que merecen toda a miña admiración-, onde os días duran moito menos de 24 horas e na que 5 minutos de demora dun transporte poden provocar infartos. Aínda así, é onde está a miña casiña, meu lar. É meu pueblo, a miña terra. E tamén ten moitas cousas e persoas das que paga a pena falar, e así o farei.

Xornalista de título e vocación, aínda que non de nómina. Curiosa por natureza, ansiosa por aprender e ensinar. Defensora da liberdade de expresión e información e da libre circulación do coñecemento. Sobre todo, cos pés ben pegados ao chan e o ollo posto na xente, nas persoas, na súa realidade cotiá.

Cal é a intención deste blogue?

Primeiro, é o meu traballo de fin de máster (Máster en Comunicación e Industrias Creativas, USC). Pero o importante para min é que sexa un espazo de liberdade para contar, opinar, escoitar, partillar; lonxe dos límites que impón o traballo nun medio tradicional, un aro polo que moitos xornalistas vense na obriga de pasar, comprometendo as súas conciencias no proceso, poñendo as súas lealdades na empresa, non no público. Aquí, no blogue, o único límite é o do respecto: pola xente, pola ética do meu traballo e por min mesma, polo que son, sinto, e penso. Falo, coma dixo Celso Emilio Ferreiro, porque si, porque me gusta, porque me peta e quero e dáme a gana, porque me sae de dentro. E convídovos dende xa a que fagades o mesmo, porque aquí collemos tod@s!

Petiscos do meu C.V.

Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, no 2008. Bolseira da Axencia EFE, sección Cultura, no verán de 2007. Bolseira de El Correo Gallego, Santiago, no verán de 2008. Parte do equipo organizativo do congreso internacional sobre mulleres “Women’s Worlds 2008” (Madrid, U. Complutense). Redactora do dixital Noticias del Camino, no verán de 2010. Camareira e derivados, moitas veces e en distintos sitios, coma todo o mundo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: