A Praza transxénero

A Praza=o amigo?

Antonte fun facer unhas compras á Praza e sorprendéronme os novos carteis publicitarios.

Normalmente, as campañas do Mercado molan bastante, ata teñen gracia (estou pensando naquela de “Presume de praceir@”, ou na dos “Anxiños da Praza”, moi recentes as dúas). E esta non está mal, de feito a idea ten a súa coña, mais… “Praza” non é feminino? Non debería ser entón “a mellor amiga”?

Eu non poño a man no lume, porque ao ser neofalante podo facilmente metela pata. Pero chirla un pouco, non?

Que pensades vos?

Que vai moita Luz!

Vai moita Luz. Moita Luz Fandiño!!

O venres 18, esta histórica loitadora galega foi ‘enganada’ polas súas compañeiras. O que na súa cabeza ía ser unha cea de celebración do 8 de marzo era, en realidade, unha homenaxe-festa sorpresa. Eu non fun, pero dixéronme que todo saiu a pedir de boca, e que atá foi emotivo de máis para ela.

 

Luz Fandiño, por Séchu Sende (vía Diario Liberdade)

Tirando do fío, tentei recordar a primeira vez que vin a Luz, cando aínda non sabía dela nin o nome. Mais non o conseguín. O que si recordo é atoparma despois en todalas manifestacións e accións ás que fun dende que vivo en Compostela.

De Galicia Bilingüe (que grandioso momento!) á Anti-Papa.

Incorrexíblemente na primeira liña, berrando ata deixar os pulmóns. E sempre me deu a impresión de ser coma unha pedra, unha pedra para apoiarse nela, e tamén a que, cando fai falla, rompe en pedazos os cristais e blindaxes das hipocresías que poblan esta (e toda) Terra.  Unha referencia para todas e todos.

Non me quero estender, porque a verdade é que non son a máis indicada para falar de Luz -aínda que xa sei seu nome, e non o vou esquecer. Mais non quería deixar pasar a oportunidade de rendir, eu tamén, a miña pequena homenaxe á unha loitadora incansable.

 

“Cómo explicarche que me doe a historia deste país,

explicarche como vai iso de non querer axeonllarme,

de non avergoñarse por dicir aínda-libres”

(Andrea Nunes Brions, Todas as mulleres que fun)

E xa remato, ca estupenda vídeo-homenaxe que as Candongas do Quirombo lle adicaron a Luz. Por certo, unha vez máis, parabéns rapazas polo voso traballo e compromiso. Apertas parabólicas!

%d bloggers like this: