Que é O Ollo Parabólico?

O Ollo Parabólico é un blogue persoal de información cultural e social de Santiago de Compostela -e máis aló. Pero non só. É, antes que nada, unha declaración de intencións e de principios.

O Ollo é o meu, e o prisma polo que vexo a realidade da que falo; tamén, o que contén a realidade como a min me gustaría que fose, as miñas conviccións e crenzas respecto ao mundo e respecto á responsabilidade social do xornalismo nunha época difícil, de cambios profundos. Por iso, é tamén un blogue profesional, feito seguindo os principios prácticos e éticos que aprendiamos na Facultade e que tan pouco contan cando traballas nunha empresa.

É Parabólico para abarcar, coma unha antena, sinais que chegan de lonxe e difusas, aquelas que non se captan ou non se consideran importantes e que pasan de puntillas polas axendas dos medios tradicionais. Esta antena parabólica vai tentar recollelas para envialas, para comunicalas de forma clara e nítida.

Unha parábola é tamén un conto creado para ensinar e escoitado para aprender. É coñecemento que construimos entre tod@s, e partillamos do mesmo xeito. Eu cóntovos o que sei e escoito o que vós queirades ensinarme. Así, a parábola faise cada vez máis grande, máis aberta, máis completa. Máis de nós, non doutros. Coma a nosa voz, coma o falar… que xa sabemos que non ten cancelas!!

Unha resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: